O Rock Bar Miúdo gaña a Copa Demmokratic MSL

cropped-cropped-img_717527.jpg

O Rock Bar Miúdo gaña a Copa Demmokratic MSL

copa 2018 Miudo

Cun resultado moito máis contundente do que pudiera agardarse visto o transcurso da competición. Na noite do xoves, no recinto feiral de Fexdega, o Rock Bar Miúdo proclamouse campión da quinta edición da Copa Andaina Demmokratic Master Senior League. O torneo do k.o. que pon en xogo o primeiro título da tempada na competición de baloncesto veterán vilagarciá, pioneira no mundo da canastra en Galicia.

O Rock Bar Miúdo, líder dunha Liga regular que se prolongará ata maio para definir os cruces duns play-offs programados para xuño, impúxose 7-21 o Cocinas Santos RS.

Exento da primeira rolda, a de oitavos de final, pola súa condición de primeiro na Liga, o Rock Bar Miúdo superou 21-16 o Asega-Classic Team nos cuartos de final, e 20-17 o Te lo reservo 6,25. O Cocinas Santos RS debeu sufrir un maior desgaste polo camiño, tendo que poñer toda a carne na grella para dobregar o Tintorería Ría de Arousa-A Esmorga, 20-21, o Chantre-Alvamar La Vía, 21-18, e nas semifinais 20-21 o Policlínica Patricio Serqueira. Ademais, o Angry Cats-Duende Instrumentos Musicales gañou o premio á deportividade da Copa.

O vindeiro xoves a Demmokratic Master Senior League retomará a Liga en Fexdega.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s